Christmas Standard Delivery Deadline 12/18
: :
Get up to 50% Off! Code: MXSHIP Ends: 12/12 Details
Apply
  1. Help

novidades 3º ciclo- xaneiro 2010 (Big)

Hello, you either have JavaScript turned off or an old version of Adobe's Flash Player. Get the latest Flash player.

novidades 3º ciclo- xaneiro 2010 (Big) - Page Text Content

BC: BIBLIOTECA DO CEIP VALLE INCLÁN

FC: NOVIDADES 3 CICLO (SECCIÓN VERDE) XANEIRO 2010

1: Dailan Kifki. María Elena Walsh. Siruela. A gran autora arxentina, máis coñecida como poeta que como narradora, ofrécenos unha divertida e abololutamente tola aventura protagonizada por unha rapaza e un elefante que apareceu na porta da súa casa e quedou a vivir coa familia.

2: O día despois do día. Manuel Lourenzo. S.M. Libro de aventuras no que uns amigos axudan a liberar a un científico secuestrado por uns desalmados. Un dos rapaces que participan é LioneL, un rapaz moi estraño que provoca que onde está el sucedan cousas extraordinarias.

3: O monstro das palabras. María Reimóndez. Xerais. Algo raro sucede na escola: os nenos e nenas non falan e todo parece indicar que alí chegou un monstro..., un monstro moi perigoso contra o que é preciso loitar.

4: Mil cousas poden pasar. Jacobo Fernández. Xerais. Este libro é o gañador do último premio Merlín. O seu autor é tamén un coñecido debuxante colaborador da desaparecida revista Golfiño. Na cidade de Nil, onde todo é posible, o excepcional é o cotián e o absurdo convértese no lóxico.

5: El puente roto. Philip Pullman. Ediciones B. Este é o autor da famosa serie da "Brújula Dorada". Ginny e o seu pai lévanse moi ben, son como amigos ou case irmáns, pero o descubrimento dun secreto familiar está a punto de poñer patas arriba todo o mundo de Ginny.

6: Mi primer amor y una bruja merodeando. Juan Farias Huanqui. Edelvives. A Jimmy todo lle sae mal. Os compañeiros búrlanse del no colexio, a profesora bérralle seguido e o noivo da súa nai pasa del absolutamente. Menos mal que ten a María cos seus enomres ollos verdes.

7: La cometa rota. Paula Fox. Noguer. Liam está fuirioso co seu pai, coa súa nai, coa súa tía, ... cre que todos menten. O rapaz non quere admitir que hai xa dous anos que descubriu a verdade sobre o seu pai.

8: Rumbo a Marte. Fernando Alonso. Anaya. Coa conta atrás dunha nave que se prepara para viaxar a Marte, van aparecendo, unha tras outra as historias que compoñen este libro. Son historias fantásticas que encerran unha lección moral.

9: El silbo del dale. Antología. Miguel Hernández. Edelvives. Unha preciosa edición para esta antoloxía de Miguel Hernández preparada para nen@s. Neste ano 2010 celebramos o centenario do poeta nacido en 1.910.

10: El libro salvaje. Juan Villoro. Siruela. Moi en contra da súa vontade, Juan ten que pasar as vacacións de verán na casa do seu tío Tito. Alí terá que atopar un libro escondido entre outros miles de exemplares. É o "libro salvaxe", un libro que se resiste á lectura e que garda nas súas páxinas un segredo.

11: Rita y el secreto de la piedra negra. Mikel Valverde. MacMillan. Rita atópase nunha expedición arqueolóxica en Libia, cando unha serpe pica a un dos expedicionarios. Non teñen medicamentos para atender ao ferido así que buscan UN remedio naturaL: a pedra negra. No colexio dispoñemos de máis libros da exitosa serie protagonizada por Rita.

12: Sencillamente Henry. Michel Magorian. Oniro. A Segunda Guerra Mundial rematou pero Henry segue a librar as súas propias batallas. Trista pola morte do seu pai, a única distracción de Henry é o cine. Toda a súa vida vai dar un xiro radical cando descobre unha vella cámara que agocha un misterio.

13: Números pares, impares e idiotas. Juan José Millás. S.M. O mundo dos números non se diferencia moito do das persoas: hainos ambiciosos, ignorantes, caprichosos, malvados. Todos foxen das matemáticas porque teñen medo a que fagan operacións con eles. Divertidas historias e xeniais ilustracións de Forges.

Sizes: mini|medium|large|gargantuous
Default User
  • By: Valle I.
  • Joined: about 7 years ago
  • Published Mixbooks: 3
No contributors

About This Mixbook

  • Title: novidades 3º ciclo- xaneiro 2010 (Big)
  • SECCIÓN VERDE final
  • Tags: None
  • Published: almost 7 years ago

Get up to 50% off
Your first order

Get up to 50% off
Your first order