Enjoy up to 55% Off! Code: JOLLY Ends: 12/5 Details
Apply
  1. Help

novidades vermello

Hello, you either have JavaScript turned off or an old version of Adobe's Flash Player. Get the latest Flash player.

novidades vermello - Page Text Content

BC: biblioteca do ceip valle inclán (oleiros)

FC: NOVIDADES 2 CICLO (SECCION VERMELLA) XANEIRO- 2010

1: "Se vende mamá." Care Santos. S.M. A nena protagonista , coa axuda da súa amiga, escribe un anuncio en Internet explicando como é a súa mamá e por que quere vendela. as razóns da rapaza tamén as sabemos: os celos polo nacemento dun irmanciño

2: El pincel mágico. Francoise Jay/ Shong Jei. Juventud. Precioso álbum que conta a historia de Chen, un neno que vivía nunha aldea da antiga China e que soñaba con ser pintor, pero eran tan pobres que non tiñan cartos para mercar pinturas e pinceis.

3: Galletas chinas. Antonio Skarmeta/ Emilio Urberuaga. Serres. O coñecido escritor chileno preséntanos esta historia na que fala dun rapaciño listo e emprendedor que axuda aos seus pais a traballar na panadería.

4: La calle de Garmann. Stian Hole. Kókinos. Fermoso álbum con excelentes ilustracións. O protagonista vive aterrorizado por un compañeiro que abusa da súa superioridade. Un día este compañeiro obriga a Garmann a facer unha cousa moi mala.

5: Bolboretas no papel. Antonio García Teijeiro. Tambre. Novo poemario para nen@s deste coñecido poeta, un dos máis prestixiosos da literatura galega. Nesta ocasión o suxeito que protagoniza os poemas son as bolboretas. En todos atopamos ritmo e rima.

6: Marizul que soña que soña que soña ... Bernardino Ribadavia. Era un reino lonxe de calquera parte. Tan só unhas poucas andoriñas, peregrinos sen norte ou mariñeiros sen rumbo sabían del. Só se chegaba a el extraviándose.

7: Ruby Rogers. Sue Limb. Anaya. Ruby Roger é unha nena que protagoniza esta serie de 6 títulos. Narrados en primeira persoa a nena comparte cos lectores as circunstancias do seu día a día, presentando sitaucións que poden resultar familiares para os lectores.

8: Os amores de Bruno. Antón Cortizas. Planeta- Oxford. Na escola de Bruno hai nenas e nenos de todas partes e de moitas cores e algunhas veces xorden problemas. Por iso Bruno decidiu abrir unha oficina para aconsellar.

9: O maquinista Antón. An Alfaya. Xerais. Obra de teatro dun único acto que se desenvolve na estación do tren onde hai un gran barullo porque o maquinista non aparece por ningunha parte.

10: A profesora Ripaldi. María Alcañiz. Xerais. A profesora Ripaldi é unha famosa científica que un día desaparece misteriosamente a causa dunha explosión e vai parar a un planeta descoñecido no que as cousas son moi parecidas pero tamén moi diferentes ...

11: Marcos Mostaza. Daniel Nesquens. Anaya. Dous títulos máis desta serie protagonizada por Marcos Mostaza, un rapaz que conta en primeira persoa as cousas que lle pasan na súa vida cotiá, na casa, no colexio, cos amigos, etc.

12: O punto da escarola. Xosé A. Neira. Baía. Obra de teatro que sitúa a acción nunha horta onde varios bichiños están preparando unha representación operística.

13: Cucho, Coco e o dilema do 6. Tino Antelo. Baía. Peza teatral que trata de dous rapaciños que tratan de resolver un dilema: por que o número 6 nalgunhas ocasións é moito e noutras moi pouco.

14: Gerónimo Stilton. Editorial Destino. Varios títulos. Teñen gran éxito entre os pequenos lectores as aventuras deste rato.

15: A casa máis animada do mundo. Cristina Sáez Cazallas. Baía. Pequenas historias protagonizadas por animais e seres do mundo da fantasía.

Sizes: mini|medium|large|gargantuan
Default User
  • By: Valle I.
  • Joined: about 7 years ago
  • Published Mixbooks: 3
No contributors

About This Mixbook

  • Title: novidades vermello
  • 2º trimestre VERMELLO
  • Tags: None
  • Published: almost 7 years ago

Get up to 50% off
Your first order

Get up to 50% off
Your first order