Christmas Standard Delivery Deadline 12/18
: :
Get up to 50% Off! Code: MXSHIP Ends: 12/12 Details
Apply
  1. Help

homotecia da beagle

Hello, you either have JavaScript turned off or an old version of Adobe's Flash Player. Get the latest Flash player.

homotecia da beagle - Page Text Content

3: 1. No 2009 non se celebra nengúnha efemérides concreta relaccionada coa HMS Beagle, pero celebrase o 200 aniversario do nacemento de Darwin e o 150 aniversario da publicación do "A Orixe...". A data da chegada da Beagle a Gran Bretaña logo do seu periplo arredor do mundo cae - “grosso modo”- entremedias das outras duas. Darwin tiña 25 + 2 anos cando voltou da súa viaxe na Beagle e publicou o libro cando pasaran 25 –2 nos do regreso da Beagle (Darwin tiña 50 anos).

5: 2. Entremedias do século XIX de Darwin e o noso século XXI está a década dos anos 50 do século XX

7: 3. Dende o século XIX ó XXI, o desenvolvemento da tecnoloxía permitiu extender as fronteiras do estudo da vida varios ordes de magnitude cara ó máis pequeno e cara ó máis grande, mergullando nas moléculas e debruzandose cara ó universo. Nada o exemplifica millor ca imaxe dunha nebulosa infravermella a 100 parsecs do centro da Vía Láctea, revelada polo Telescopio espacial Spitzer de visión infravermella. (2009 é tamén o ano internacional da astronomía, ó conmemorarse 400 anos do telescopio de Galileo) e nomeada Nebulosa Dobre Hélice polos astrónomos da UCLA que publicaron o seu achadego en marzo do 2006 debido á súa semellanza coa forma da molecula de ADN A magnetic torsional wave near the Galactic Centre traced by a 'double helix' nebula.. Nature 440, 308-310 (16 Marzo 2006)

9: 4. Podemos tomar a decada dos 50 no século XX como un punto de inflexión dos novos achádegos (no 1953 Watson e Crick propoñen o modelo de dobre hélice do ADN

11: 5. ...e en 1957 lanzase o "Sputnik").....

13: 6. ,e o Ano Internacional Xeofísico (IGY) de 1957-58 como centro de gravidade, e tamén como paradigma de cooperación científica internacional frente ó modelo de expedicións de finais do XVIII e XIX, cun claro transfondo imperialista, no que encadraríase a viaxe da Beagle.

15: 7. Establecido en 1952, o IGY de 1957-58 supuxo o maior e máis importante esforzo científico internacional feito ate esa data en canto a nacións participantes (67) e científicos involucrados ( máis de 60.000). O IGY extendeu ás exploracións do século XIX á atmósfera superior e ós fondos oceánicos. Supuxo o comenzo da carreira espacial, pois os programas espaciais Soviético e estadounidense xurdiron del; impulsou a cartografia dos fondos oceánicos na que deliñaronse as dorsais centrooceánicas cos seus vals centrais, nos que localizabase actividade sismica e volcánica, evidencia definitiva para a aceptación da Teoría da Tectónica de Placas (que ofertaría un marco bioxeográfico coherente á teoria da evolución-).

17: 8. Os rexistros históricos da concentración de CO2 atmosférico en Mauna Loa

19: 9. e da cantidade de Ozono na Antartida, pezas clave na evidencia da intensificación do efecto invernadoiro natural e do burato na capa de ozono comenzaron ese ano, e tamén sentaronse nese ano as bases do Tratado Antartico.

21: 10. Publicado en 1957 Cosmic View é un ensaio do holandes Kees Boeke que combina texto e gráficos para explorar distintos niveis de tamaño e estructura, dende o astronomicamente vasto ate atomicamente diminuto. O ensaio escomenza cunha sinxela fotografía dunha rapaza sentada frente a súa escola e sostendo un gato no seu colo. A partires desta escea inicial o encuadre abrese para cubrir extensións cada vez máis amplias de espacio ate chegar a dimensións cósmicas, e retroceder logo estreitandose o campo visual cada vez máis ate a escea orixinal e continuar cara areas cada vez máis pequeñas ate atinxir o núcleo dun átomo de sodio. Cada gráfico inclue un breve comentario, e o libro escomenza e remata cunhas notas do autor. http://www.vendian.org/mncharity/cosmicview/

23: 11. O documental Potencias de dez de Charles e Ray Eames, realizado vinte anos despois, inspirouse neste libro.

29: 14. 10 26 metros, é a distancia ó confin do universo observable, que dende a Terra aparece esférico. Na cosmoloxia do Big Bang o universo visible consiste nas galaxias e outra materia que podemos observar no presente dende a Terra, debido a que a luz (ou outras sinais) procedentes deses obxectos tivo tempo de alcanzarnos dende o comenzo da expansión cosmolóxica Non existe nengunha evidencia de que a frontera do universo observable corresponda precisamente coa frontera física do universo (se existe unha fronteira tal); Dende o momento no cal esto implicaría que a Terra é o centro do universo, violando o principio cosmolóxico – no que, dado un universo homoxeneo e isótropo, a Terra non é un lugar preferencial do cosmos- esto é extremadamente improbable. É probable que as galaxias dentro do noso universo visible representen só unha minúscula fracción das galaxias do universo. Dacordo coa teoría da inflación cósmica proposta por Alan Guth, o conxunto do universo poderia ser 1026 veces maior co universo observable. http://en.wikipedia.org/wiki/Observable_universe http://cambridge.org/uk/catalogue/catalogue.asp?isbn=9780521531023&ss=exc

31: 15. O Campo Ultra Profundo do Hubble (Hubble Ultra Deep Field ou HUDF) é unha imaxe dunha pequena rexión do universo observable, perto da constelación de Fornax. Para realizala acumularonse datos que foronse tomando en sucesivas observacions levadas a cabo entre o 3 de setembro de 2003 e o 16 de xaneiro de 2004 polo telescopio espacial Hubble. É a imaxe máis fonda do universo nunca tomada con luz visible, e corresponde a unha luz emitida hai máis de 13.000 millons de anos, cando o Universo tiña só aproximadamente 800 millons de anos. Máis de 10.000 galaxias aparecen na fotografía En agosto do 2009 a nova cámara do Hubble, a Wide Field Camera 3 (WFC3), obtivo na mesma rexión unha imaxe ainda máis lonxana, captando luz procedente de longxtudes de onda curtas do infravermello, invisibeis ó ollo human.

33: 16. Un mililitro de auga de mar conten perto de 100 millons de virus, un millón de bacterias, 1000 protozoos e unhas 200 algas diatomeas. A micrografía de epifluorescencia dunha pequena parte dun mililitro de auga de mar procedente do Pacífico Nororiental frente ás costas de California, amosa virus mariños (puntos verdes pequenos), bacterias e/ou archaea ( puntos verdes de tamaño intermedio) e protistas pigmentados (puntos verdes grandes con manchas vermellas). A natureza non descrita destes organismos significa que deben utilizarse tecnicas moleculares para caracterizar a composición da comunidade. http://www.elpais.com/articulo/sociedad/lagrimas/agua/mar/elpepusoc/20090714elpepusoc_8/Tes http://www.publico.es/ciencias/257497/bacterias/oceano/estrellas/universo

35: 17. A xenómica é o estudio dos xenomas de organismos, disciplina establecida por Fred Sanger cando secuenciou por vez primeira o xenoma completo do virus fago -X174 utilizando a técnica de secuenciación shotgun. O seu grupo estableceu nos anos 70 e 80 as novas tecnicas de secuenciación, mapeado xenético, almacanamento de datos e de analise bioinformático. Unha pola principal da xenomica esta dedicada ainda á secuenciación do xenoma de diferentes organismos, pero o coñecemento de xenomas completos creou a posibilidade do nacemento do campo da xenómica funcional, que trata principalmente dos patróns de expresión xenética baixo diversas condicións. As ferramentas máis importantes da xenómica funcional son a bioinformática ( a aplicación da tecnoloxía de computadores á xestión e análise de datos biolóxicos) e os chips de ADN. Un chip de ADN é unha tecnoloxía multiplex (identificación simultanea de máis dun axente) consistente nunha superficie sólida (plástico, vidro,silicio,) na que están unidas en posicións específicas series de puntos microscópicos (sondas) que conteñen picomoles de oligonucleótidos de ADN de cadea sinxela, cada un cunha secuencia específica de ADN. Un chip de ADN pode ser deseñado para conter secuencias que identifiquen todos os xenes coñecidos dun organismo, ou para conter ADN complementario (ADNc) retrotranscrito a partires do ARNm extraido dunha mostra. O ARN dunha mostra, como por exemplo un cultivo celular, é extraido e marcado con unha molecula fluorescente que, por exemplo, emita en lonxitude de onda vermella. De xeito semellante o ARN dunha mostra control extraese e marcase cunha molécula fluorescente que emita nunha lonxitude de onda diferente da anterior, por exemplo verde. Os ARN da mostra e do control hibridanse ás secuencias complementarias das sondas do chip de ADN. Logo dun lavado para eliminar as moléculas que non hibridaron, o chip de ADN é irradiado cun laser. Se unha molécula específica de ADN é máis (ou menos) abundante na mostra con respecto ó control, o punto correspondente será vermello (verde). Se o ARN é igualmente abundante en ambalas duas mostras, o punto será marelo. Se nengunha das duas mostras conten ARN complementario á secuencia do punto, o punto permanecerá escuro. Esto implica que se podera estimar o nivel de expresión relativa de cada unha das moléculas de ARN a partires da intensidade e cor da fluorescencia ( na practica, por cuestión de estabilidade, o ARN é retrotranscrito a ADN antes de cada experimento). As posibles aplicación da técnica son moi variadas.

37: 18. A escala da HMS Beagle situase en deceas de metros. As súas medidas eran 27,5 metros de eslora, 7,5 metros de manga e 3,8 metros de calado.

39: 19. Darwin media 1.82 metros

Sizes: mini|medium|large|enormous
Default User
  • By: manolo p.
  • Joined: about 6 years ago
  • Published Mixbooks: 1
No contributors

About This Mixbook

  • Title: homotecia da beagle
  • No 200 aniversario do nacemento de Darwin e o 150 aniversario da publicación de "Sobre a Orixe das especies".
  • Tags: None
  • Published: about 6 years ago

Get up to 50% off
Your first order

Get up to 50% off
Your first order